Fundación Uxío Novoneyra

Obxectivos

A Fundación Uxío Novoneyra é un ente estatal de interese cultural constituído no ano 2011 que persegue os seguintes obxectivos:

A conservación e difusión do legado do poeta Uxío Novoneyra así como da súa obra e as obras da súa colección privada.

A promoción de actividades de estudo e investigación nos eidos da literatura, especialmente na poesía, a lingua, as artes, en especial as visuais e escénicas; e os estudos históricos e políticos.

A defensa do medio ambiente, especialmente o relacionado coa súa obra, no eido territorial das súas actividades.

A dinamización e promoción sociocultural da súa zona de referencia.

A potenciación e a difusión da cultura e a realidade sociocultural de Galicia no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.

Traxectoria e actividade da Fundación

A Fundación  divulga o legado do poeta do Courel co obxectivo de gardar a súa obra e doala ó futuro.

Arrancamos o noso traballo coincidindo co  décimo cabodano do poeta, cando a Real Academia Galega anunciara adicarlle o Día das Letras Galegas do 2010. Daquela, familia e amizades repensamos a casa familiar e comezamos a súa rehabilitación para dar a coñecer o lugar de nacenza de Novoneyra, a aldea de Parada no centro mesmo da serra do Courel. Aquí pasou a meirande parte da vida, escribiu o seu poemario máis recoñecido e boa parte da súa obra poética.

Dacordo cos nosos obxectivos fundacionais traballamos diferentes liñas de acción cun enfoque plural e de traballo en rede. Establecemos a sede fundacional na Casa da Fonte, hoxe aberta ao público, e desenvolvimos o seu arquivo documental, literario e histórico.

Desde Parada programamos accións de mediación en centros educativos e traballamos en proxectos europeos, actividade pola que somos referencia de desenvolvemento en innovación, sostenibilidade e conexión con Europa en Galicia e o Noroeste Ibérico. Ademais programamos o Festival dos Eidos (Eidos Fest), residencias literarias e proxectos de natureza na serra courelá, lugar isolado e fortemente impactado pola emigración e o despoboamento.

Acreditamos que a poesía é unha forma de resistencia. 

Seguimos como guía o verso de Novoneyra, E índa e nova a terra!, que inspira as nosas accións coma axente cultural comprometido cunha montaña que é, desde hai máis de 70 anos, un territorio literario creado por Uxío Novoneyra.

Padroado

Presidenta

Elba Rey Martínez

Secretario

Uxío Novo Rey

Vogais

Branca Novo Rey

Xosé Manuel Beiras Torrado

Antón-Manuel Patiño Pérez

Anxo Pastor González

María Díaz Rei

Asociación Ecolóxico Cultural Sos Courel

Arturo Novo Rey

José-Luis Cochón Touriño

Federico García-Cabezón García

Nieves Neira

Asociación Ecolóxico Cultural Sos Courel

agradecementos

Persoas que formaron parte do Padroado

A Fundación quere lembrar aquelas outras persoas que foron parte deste padroado, agradecendo sempre o seu apoio e labor:

Manuel Neira e Pol (†)

Lola Castro

Mario Outeiro

Pilar García Porto

Isidro  Novo (†)

Ana Gloria Rei Martínez (†)

Antón Bao

Elena Candia

Xosé Lois García

Pepe Leira (†)