Educación
Estudantes e profesores
A Fundación pon especial atención aos programas destinados a tecer redes con profesores e estudantes. Desde a nosa montaña queremos relacionarnos con profesores e estudantes e mediar unha acción educativa con trazos propios.
Podemos traballar con diferentes niveis educativos, desde varias disciplinas e de maneira transversal. Do diálogo cos profesores, das actividades de formación e dos encontros agroman propostas que fan da Fundación un lugar no que os procesos de ensinanza aprendizaxe suceden de maneira natural e poética.
Temos dispoñibles para descarga a seguintes UNIDADES DIDÁCTICAS para estudantes de ESO e BACHARELATO.