Equipo
Branca Novoneyra
branca@uxionovoneyra.com
Directora de Arte da FUN. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago e DEA en Educación Artística pola Universidade de Granada. Actualmente é profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino público. Durante unha década dedicouse á práctica e ó ensino da danza contemporánea no Laboratorio de Movementos, co-organizou o ciclo de Lecturas Poéticas Picaversos e foi concelleira responsable de Acción Cultural no Concello de Santiago entre 2015 e 2019. Escribe poesía.
branca@uxionovoneyra.com
Nieves Neira
nieves.neira@uxionovoneyra.com
Licenciada en Xornalismo e doutora en Teoría da literatura, defendeu a súa tese en 2024 sobre Uxío Novoneyra na USC. Traballou durante anos no diario El Progreso e agora exerce como docente de Lingua galega e literatura no ensino público. Escribe poesía.
nieves.neira@uxionovoneyra.com
Cibrao Cabo
Técnico Junior en Xestión Cultural. Graduado en Historia (USC), Máster en Educación (USC), posgraduado en Dixitalización do Patrimonio Cultural (UNED) e titulado en Xestión do Patrimonio (Formación al Cuadrado), Patrimonio, Museos e Arqueoloxía (UNED). En 2017 participou en tarefas de catalogación e conservación no Museo Etnolóxico de Ribadavia e, entre 2019 e 2020, como parte do equipo da Fundación Uxío Novoneyra (Xestión do Arquivo da FUN, Xestión de Proxectos, visitas guiadas ao Museo, etc.)
Ana Lombardero
Técnica en Turismo Sostible. Licenciada en Bioloxía (USC), Máster en Biodiversidade e Bioloxía da Conservación (Universidad Pablo de Olavide) e Máster en Educación (USC). Ten unha ampla experiencia en xestión e comunicación ambiental. Entre 2013 e 2015 traballou para o Parque Zoolóxico Marcelle e entre 2016 e 2019 foi docente (educación regulada e non regulada) en diversas institucións. Tamén foi voluntaria e colaborou con numerosas organizacións medioambientais como o Instituto de Ornitoloxía Max Planck e a Estación Biolóxica de Doñana (CSIC).
Miguel Anxo López
Axudante técnico en dinamización do patrimonio cultural (2015-). Cineasta e escritor. Estudos de Dirección Cinematográfica e Dereito.
Bruno Arias
Técnico Auxiliar Junior en Comunicación. Graduado en Comunicación Audiovisual (USC) e cursando o Máster en Educación (USC). Nos últimos cinco anos, realizou traballos de deseño gráfico e contido audiovisual para individuais e empresas. Traballou como axudante de dirección, director de fotografía, guionista e montador en diferentes curtametraxes. Participou e coordinou os equipos de comunicación de diferentes organizacións políticas e culturais.
Lía Pérez
Técnica en Turismo e Internacionalización. Licenciada en Xornalismo e Medios de Comunicación e Máster en Educación (USC) e posgraduada en Márketing de Destinos Turísticos (Universitat Oberta de Catalunya – UOC). Máis de 10 anos de experiencia en políticas e estratexias de destino turístico local. Entre 2016 e 2018 foi Responsable de Comunicacións da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) e a súa Ruta Cultural Europea. Axente SICTED certificada (estándar español da calidade no turismo).
Iván L. Gimeno
info@ithcrowdfunding.org
Director de Desenvolvemento Dixital. Licenciado en Historia (USC). Máster en Xornalismo e Medios (UDC / La Voz de Galicia) e Cine Dixital (New York Film Academy). Consultor e inversor en desenvolvemento de startups.
info@ithcrowdfunding.org
María González Borrajo
administracion@uxionovoneyra.com
Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Vigo. Administración e inclusión de públicos. Máis de 10 anos de experiencia en xestión de diversos programas de atención social con diferentes colectivos, elaborando e executando proxectos de intervención social sociocultural.
administracion@uxionovoneyra.com
Gisela Díaz
Licenciada en Historia da Arte pola USC, con especialización en Patrimonio e MBA polo IE Business School, Madrid. Desde 2010 desenvolve no Porto a súa actividade profesional como xestora cultural, onde colaborou coa Fundação de Serralves, integrou o equipo de Guimarães 2012 - Capital Europea da Cultura, na Área de Arte e Arquitectura. Participou na Bienal Contextile e, desde 2016, traballou na organización do proxecto Terra(s) de Sefarad, en Bragança. Colabora aínda desde 2011 coa Secretaría de Estado de Cultura de España como coordinadora da Mostra Espanha.
Ander Hidalgo
Graduado en Historia da Arte pola Universidade do País Vasco (EHU) e posteriormente especializado en arte medieval co programa de máster MSc Art in the Global Middle Ages pola Universidade de Edimburgo. Desde 2023 traballa como museólogo na Fundación Uxío Novoneyra, onde desenvolve a súa actividade arredor da conservación, investigación e difusión do patrimonio literario. Paralelamente, levo a cabo proxectos persoais de investigación centrados no patrimonio cultural das terras do Courel e realize visitas guiadas a diferentes monumentos e espazos patrimoniais da zona.