Visitas

uxío novoneyra

Visitas á casa

A visita á Casa-Museo Uxío Novoneyra permite descubrir os espazos nos que o poeta concibiu e traballou na súa obra; cuartos, despacho, horta e tamén os castiñeiros centenarios do noso souto da Rubial. 

Coñeceredes a construcción típica dunha casa grande labrega da montaña luguesa antano adicado a cría de gando, e tamén  poderedes  desfrutar da biblioteca personal de Novoneyra  (gravados, manuscritos, caligramas) e  máis da colección de arte familiar.

As visitas realízanse sempre con guía. Teñen unha duración dunha hora e media aproximadamente  e fanse só con grupos reducidos, polo que é obrigatorio reserva previa.

Cómo chegar

Horarios

casa museo

Información práctica

  • Normal – 5 €
  • Reducida – 4 € (pensionistas, estudantes e docentes, menores de 16 anos)

Co fin de protexer o patrimonio literario que se conserva e expón na Fundación Uxío Novoneyra e de crear o clima necesario para gozar da visita, non está permitido:

  • Comer, beber ou fumar nas salas e na horta.
  • Tocar os obxectos nin as obras de arte.
  • Correr polos corredores e as salas da Casa-Museo.
  • Introducir bolsos, mochilas ou bultos maiores de 40×40 cm.
  • Introducir ou calzar paraugas, paus de selfie, sinalizadores, equipo de sendeirismo ou obxectos punzantes.
  • Vender fotografías ou vídeos realizados na Casa-Museo sen o permiso da Fundación.
  • Usar punteiro láser nas salas.
  • A entrada de animais, salvo cans guía.

Reservas para grupos

As reservas deben realizarse cun mínimo de  24 horas de antelación, nos teléfono +34 644 49 42 46 e +34 671 44 52 47, no correo electrónico info@uxionovoneyra.com ou empregando este formulario.