Lecturas habitadas. Sesións de Biblioterapia para Mulleres
Este verán programamos tres sesións de biblioterapia que teñen como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino.
Este verán programamos tres sesións de biblioterapia que teñen como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino.
Poden participar as mulleres de todas as idades que por nacenza, pertenza ou residencia no Courel lles interese formar parte desta iniciativa.
É unha mostra aberta que reivindica as terras do Courel como lugar de creación na nosa literatura a través de catro autores principais: Ánxel Fole, María Mariño, Uxío Novoneyra e mais Carlos Oroza.
A extensión musical do Festival dos Eidos celebrase do 30 de outubro ao 1 de novembro entre sede da Fundación en Parada e Folgoso do Courel. Agardámosvos para unha lectura conxunta dos Eidos de Novoneyra.
A exposición fotográfica que vertebra o proxecto instalarase na Casa-Escola de María Mariño, rehabilitada no ano 2018 por solicitude da FUN, entidade que a custodia. O venres 22, ademais da apertura da exposición, tamén se presentará o libro que integra o proxecto e compartiranse poemas escritos no marco do mesmo.
O Festival dos Eidos lembra un libro aberto e comunal e celebra os seus “lugares íntimos, os máis convividos, dos que se ten longa experiencia, hábito de longa presencia, os que un leva estampados dentro”, como os definía Novoneyra.