Nomear os silencios

Esta terceira sesión de Lecturas Habitadas, desenvolverase en distintos eidos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra. Se o tempo o permite, pola mañá leremos xuntas textos na aira, xantaremos na horta, e pola tarde seguiremos coas lecturas no interior da casa-museo acompañadas dunhas castañas asadas.

Lembrar e reconstruírse

Esta sesión é a segunda do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel. Que libros leremos? Extractos de obras moi dispares de Marguerite Duras, Macha Méril, Hélène Bessette, Gala de Meira e algún texto sorpresa. Biographie d’un sexe ordinaire de Macha Méril (Albin Michel, 2003) On ne vit que deux fois de … Ler máis

Habitar a natureza salvaxe

Ofertamos un máximo de 12 prazas. As inscricións deben formalizarse antes do 27 de xullo no correo info@uxionovoneyra.com. No asunto indicarase o título da sesión (Habitar a natureza salvaxe) e no texto do correo facilitaranse os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono.