Un cento de persoas participaron nas primeiras ‘Lecturas de coidado’ celebradas en Santiago de Compostela

A lectura como ferramenta de transformación social coas comunidades protagonizou a primeira edición do encontro celebrado o sábado 20 e o domingo 21 dexaneiro no Hospital Psiquiátrico de Conxo Unha Visita ao Patrimonio Invisible do Hospital Psiquiátrico de Conxo guiada por Leo González (Trivium) e a performance “Cinguir o linde, romper a testa, crebar o … Ler máis

Presentación da webserie ‘Ronsel de futuro: historias soterradas’ na FUN

Logo de presentar esta serie de ficción ambientada nos distintos espazos que conforman a Rede Museística da Deputación de Lugo nos Cines Númax e en Bos Aires, a webserie documental será emitida o vindeiro venres, 16 de decembro, ás 13 horas, en Parada do Courel. Un ronsel de futuro trata de achegar, a través do … Ler máis

Belén Gopegui participará nas ‘Lecturas de coidado’ que organiza a FUN

O primeiro encontro sobre a lectura como ferramenta transformadora coas comunidades celebrarase o 20 e 21 de xaneiro no Hospital Psiquiátrico de Conxo (Santiago de Compostela). Desde a Fundación Uxío Novoneyra (FUN) convocamos a todas as persoas interesadas na lectura e nos coidados a participar nun encontro durante dúas xornadas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, … Ler máis

Xosé María Álvarez Cáccamo nos Eidos de outono

O  vindeiro sábado 28 de outubro terá lugar Fundación Uxío Novoneyra, en Parada do Courel, unha nova edición dos “Eidos de outono” na que o poeta vigués Xosé María Álvarez Cáccamo establecerá un diálogo poético c’Os eidos de Uxío Novoneyra. A xornada comezará ás dez de mañá cun obradoiro de interpretación de soutos e recollida … Ler máis