Artesanía de Galicia no Courel

A Fundación Pública Artesanía de Galicia organiza, do 7 ao 11 de agosto, a cuarta edición de Artesanía de Galicia no Courel. A gran reserva verde de Galicia acolle este verán un programa de obradoiros de artesanía para achegarlles aos seus visitantes o saber facer dos profesionais do sector artesán galego e contribuír á difusión do valor engadido dos produtos … Ler máis

Roser Vernet na Residencia “Escrita no Remoto”

28 de Xullo, O Courel A tradutora e autora Roser Vernet atópase desfrutando da residencia “Escrita no Remoto” na Casa Museo Uxío Novoneyra en Parada (Folgoso do Courel). Este programa de residencias, que a Fundación Uxío Novoneyra celebra co apoio da Area de Cultura da Deputación de Lugo a través da Rede Museística, inicia neste … Ler máis

‘Vidas Fascinantes’ segunda xornada das Lecturas Habitadas

O domingo 21 de xullo, no ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres no Courel, leremos extractos das seguintes autoras e haberá tamén poemas e outros textos sorpresa Aquí yace el corazón de Mercedes de Acosta (Mundos Flotantes, 2024) Moderato cantabile de Marguerite Duras (Tusquets, 1985) La otra hija de Annie Ernaux (Cabaret Voltaire, … Ler máis

As ‘Capacidades Salvaxes’ serán protagonistas do primeiro monográfico das Lecturas Habitadas. Sesións de Biblioterapia para Mulleres

O día vinte de xullo, durante a primeira sesión do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel, leremos poemas e extratos das seguintes obras: Bibliotecarias a caballo de Concha Pasamar (A Fin de Cuentos, 2022) Sonora de Chus Pato (Xerais, 2023) Arawak de Paloma Kuns (Tango Girafe, 2024) Ultramarinos de Mariette Navarro … Ler máis

Aberto o prazo de inscrición para o ciclo ‘Lecturas habitadas: Sesións de biblioterapia para mulleres’

A terceira edición terá lugar entre o 19 e o 21 de xullo na Fundación Uxío Novoneyra no Courel co obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino a través da lectura. Durante tres xornadas consecutivas leremos e conversaremos xuntas arredor dos seguintes temas: 19 de xullo: “Unha introdución á biblioterapia” guían Branca Novoneyra e … Ler máis

Segunda edición de ‘Ulises pasea por Lugo’

Os días 16, 17 e 18 de maio a Fundación Uxío Novoneyra celebrará en Lugo, co patrocinio do Concello de Lugo e do programa Ulysses European Odissey, a segunda edición de “Ulises pasea por Lugo” centrado na literatura gastronómica e en Ánxel Fole. Cadrando co centenario da obra central do Modernismo literario Ulysses, de James … Ler máis