As ‘Capacidades Salvaxes’ serán protagonistas do primeiro monográfico das Lecturas Habitadas. Sesións de Biblioterapia para Mulleres

O día vinte de xullo, durante a primeira sesión do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel, leremos poemas e extratos das seguintes obras: Bibliotecarias a caballo de Concha Pasamar (A Fin de Cuentos, 2022) Sonora de Chus Pato (Xerais, 2023) Arawak de Paloma Kuns (Tango Girafe, 2024) Ultramarinos de Mariette Navarro … Ler máis

Aberto o prazo de inscrición para o ciclo ‘Lecturas habitadas: Sesións de biblioterapia para mulleres’

A terceira edición terá lugar entre o 19 e o 21 de xullo na Fundación Uxío Novoneyra no Courel co obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino a través da lectura. Durante tres xornadas consecutivas leremos e conversaremos xuntas arredor dos seguintes temas: 19 de xullo: “Unha introdución á biblioterapia” guían Branca Novoneyra e … Ler máis

Segunda edición de ‘Ulises pasea por Lugo’

Os días 16, 17 e 18 de maio a Fundación Uxío Novoneyra celebrará en Lugo, co patrocinio do Concello de Lugo e do programa Ulysses European Odissey, a segunda edición de “Ulises pasea por Lugo” centrado na literatura gastronómica e en Ánxel Fole. Cadrando co centenario da obra central do Modernismo literario Ulysses, de James … Ler máis

Un cento de persoas participaron nas primeiras ‘Lecturas de coidado’ celebradas en Santiago de Compostela

A lectura como ferramenta de transformación social coas comunidades protagonizou a primeira edición do encontro celebrado o sábado 20 e o domingo 21 dexaneiro no Hospital Psiquiátrico de Conxo Unha Visita ao Patrimonio Invisible do Hospital Psiquiátrico de Conxo guiada por Leo González (Trivium) e a performance “Cinguir o linde, romper a testa, crebar o … Ler máis