Segunda edición de ‘Ulises pasea por Lugo’

Os días 16, 17 e 18 de maio a Fundación Uxío Novoneyra celebrará en Lugo, co patrocinio do Concello de Lugo e do programa Ulysses European Odissey, a segunda edición de “Ulises pasea por Lugo” centrado na literatura gastronómica e en Ánxel Fole. Cadrando co centenario da obra central do Modernismo literario Ulysses, de James … Ler máis

Celebrada con éxito a primeira edición do centenario europeo do Ulises en Lugo

O comité organizador desta programación internacional reunido onte felicitou á cidade de Lugo e á Fundación Uxío Novoneyra pola calidade do programa conmemorativo da publicación do libro celebrado na cidade amurallada entre o 19 e o 21 de maio baixo o título de “Ulises pasea Lugo”. A obra magna de James Joyce, publicada en 1922, … Ler máis

Ulises pasea Lugo

A “Ulysses European Odissey”, programación europea bienal que conmemora o centenario do Ulises de James Joyce, obra capital da literatura europea, e que se celebra en 18 cidades europeas diferentes, aterra en Lugo entre os días 19 a 21 de maio, a única cidade do estado español participante, cun completo programa literario, artístico e gastronómico … Ler máis

Lois Diéguez presentará “As voces amadas” na casa de Novoneyra

O escritor lemavo, que rematou a novela durante unha estancia na casa do poeta, fará entrega do derradeiro capítulo manuscrito da mesma para a o arquivo da Fundación. Lois Diéguez presentará o vindeiro domingo 5 de marzo a súa última narración As voces amadas, publicada pola editorial Galaxia, xunto a actriz María Barcala, o dramaturgo … Ler máis

A Fundación Uxío Novoneyra participará na celebración do centenario do Ulysses en Lugo

A cidade colaborará coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY nesta efeméride continental xunto a capitais europeas como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhage ou Estambul entre outras. O evento terá lugar entre o 19 e o 21 de maio de 2023. Integrada en pé de igualdade como cidade asociada neste proxecto Europa Creativa de cooperación a … Ler máis