Nova edición do roteiro Uxío Novoneyra entre O Cebreiro e Pacios

O vindeiro 1 de agosto a Fundación Uxío Novoneyra organiza, un ano máis, Ruta Ámeto Mítico en colaboración con Marcos Reinoso (Pía Páxaro) e Nieves Neira.  O roteiro, que parte da programación expandida do Festival dos Eidos que terá lugar en Parada do Courel entre o 25 e o 27 de agosto, segue os pasos do … Ler máis

Pamen Pereira e Ché Marchesi instalan “Tempo de Elexía” na Fundación Uxío Novoneyra

Pamen Pereira e Ché Marchesi presentaron o pasado 14 de xullo “TEMPO DE ELEXÍA” na Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel. A instalación comparte título co libro publicado por Vía Láctea no ano 1991, unha edición revisada dos poemas de impronta existencial escritos polo poeta entre os anos 1953 e 1965. A maior parte … Ler máis

Xuntanza do rurAllure en Galiza: tras os pasos dos poetas do Camiño

Os pasados 29 e 31 de marzo máis de 30 participantes internacionais do rurAllure Consortium reuníronse en Galiza española para celebrar a xuntanza bianual do proxecto. A Fundación Uxio Novoneyr,a xunto coa Universidade de Vigo, foi a encargada de organizar o evento, que combinou sesións de traballo, encontros con representantes das institucións locais e outros … Ler máis