Transparencia
A Fundación Uxío Novoneyra é unha fundación cultural de interés estatal constituida o 1 de abril de 2011 por familia e amizades do poeta Uxío Novoneyra, exercendo a presidencia da mesma a súa viúva, dona Elba Rey Martínez.
A Fundación está inscrita no Rexistro de Fundacións de competencia estatal do Ministerio de Xustiza, co número 1037CUL e baixo o Protectorado do Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España
- Orde ECD/578/2012, de 5 de marzo, pola que se inscribe no Rexistro de Fundacións a Fundación Uxío Novoneyra. Ver no BOE
Os fins da fundación, de acordo aos seus estatutos son:
- A conservación e difusión do legado do poeta Uxío Novoneyra así como da súa obra e as obras da súa colección privada.
- A promoción de actividades de estudo e investigación nos eidos da literatura, especialmente na poesía, a lingua, as artes, en especial as visuais e escénicas; e os estudos históricos e políticos.
- A defensa do medio ambiente, especialmente o relacionado coa súa obra, no eido territorial das súas actividades.
- A dinamización e promoción socioeconómica e cultural da súa zona de referencia.
- A potenciación e a difusión da cultura e a realidade sociocultural de Galicia no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.
Para a consecución dos fins referidos, a Fundación realizará as siguientes actividades:
- A catalogación, desenvolvemento e conservación dun arquivo documental e artístico, e de toda a información relacionada coa figura de Uxío Novoneyra.
- A divulgación da obra de Uxío Novoneyra, as obras da súa colección privada e do seu arquivo documental e artístico.
- A formación de artistas e estudiosos nos campos anteriores e calquera outros relacionado cos mesmos.
- A realización de actividades de fomento no ámeto cultural e social no exterior.
- A captación dos fondos económicos necesarios para desenvolver as súas actividades.
- Calquera outra actividade conexa ou afín as anteriores.
A Fundación ten plena liberdade para desenvolver as actividades que considere mais axeitadas para o cumprimento dos fíns fundacionais.
Poderá desenvolver os seus fins directamente ou de xeito indirecto, efectuando prestacións ou colaboracións con outras personas físicas ou xurídicas.
Ademais, con obxecto de obter ingresos, a fundación poderá realizar actividades mercantís ligadas aos fíns fundacionais ou que sexan complementarias ou accesorias das anteriores.
Parada do Courel, 1 baixo
Folgoso do Courel 27324
Lugo, Galicia
CIF: G27407238
Como organización sen ánimo de lucro e afectada á realización de fins de interese xeral, a Fundación Uxío Novoneyra acóllese á Lei 49/2002, do 23 de decembro de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
- Artigo 34 da Constitución Española, que recoñe o dereito de fundación para fins de interese xeral.
- Lei 50/2002, do 26 de decembro, de Fundacións.
- Real Decreto 1337/2005, do 11 de novembro, polo que se aproba oRegulamento de fundacións de competencia estatal.
- Real Decreto 1611/2007, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de fundacións de competencia estatal.
- Convenios e subvencións 2020
- Convenios e subvencións 2019
- Convenios e subvencións 2018