Aberto prazo de inscrición para o ciclo Lecturas habitadas

A segunda edición de biblioterapaia “Lecturas habitadas”  celebrarase entre o 4 e o 6 de agosto na Fundación Uxío Novoneyra, en Parada de Courel, e ten como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino. Durante as sesións leremos fragmentos de libros escritos polas autoras: Hélène Bessette, Julia Castillo, Marguerite Duras, Louise Glück, Esther … Ler máis

Celebrada con éxito a primeira edición do centenario europeo do Ulises en Lugo

O comité organizador desta programación internacional reunido onte felicitou á cidade de Lugo e á Fundación Uxío Novoneyra pola calidade do programa conmemorativo da publicación do libro celebrado na cidade amurallada entre o 19 e o 21 de maio baixo o título de “Ulises pasea Lugo”. A obra magna de James Joyce, publicada en 1922, … Ler máis

Branca Novoneyra presenta o seu novo poemario As cunchas baleiras

A presentación terá lugar este mércores 31 de maio ás oito e media na libraría Númax, en Santiago de Compostela, xunto con Olalla Cociña, e o vindeiro 1 de xuño na libraría luguesa Trama, de par de Nieves Neira. Dez anos da escrita de BrancaNovoneyra aparecen reflectidos en As cunchas baleiras, o libro que racha … Ler máis

Ulises pasea Lugo

A “Ulysses European Odissey”, programación europea bienal que conmemora o centenario do Ulises de James Joyce, obra capital da literatura europea, e que se celebra en 18 cidades europeas diferentes, aterra en Lugo entre os días 19 a 21 de maio, a única cidade do estado español participante, cun completo programa literario, artístico e gastronómico … Ler máis

A Fundación Uxío Novoneyra pasa a formar parte da NEMO

Logo da NEMO

O pasado 1 de abril, a Fundación resultou escollida entre 33 candidaturas que optaban a formar parte da Rede Europea de Organizacións de Museos, NEMO, xunto con outras catro entidades de Italia, Montenegro, Hungría e Bulgaria. A Rede Europea de Organizacións de Museo (NEMO) foi fundada en 1992 como unha agrupación independente de museos nacionais … Ler máis